InicioSociedadeA veciñanza de Santa Comba denuncia que é "insostible" vivir canda 'Tableros...

A veciñanza de Santa Comba denuncia que é “insostible” vivir canda ‘Tableros Hispanos’

Esta fábrica, que provoca "ruídos constantes e fumes" que invaden a zona, impide habitar "dignamente" nas casas achegadas, di a asociación veciñal 'O Vilar de Santa Comba'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación veciñal ‘O Vilar de Santa Comba’ vén de denunciar as consecuencias que “toda a contorna sofre a diario” por vivir preto da fábrica ‘Tableros Hispanos S.L.U’. Segundo explican, o funcionamento desta empresa provoca ruídos constantes e fumes que invaden a zona e que a veciñanza describe como “un olor a cola que deixa a gorza seca e provoca picor de ollos”. Unha situación, din, “insostible”.

De feito, dende a asociación sinalan que en diversas ocasións a veciñanza tivo que acudir ao centro de saúde polas “molestias físicas” provocadas polo fume. O colectivo recoñece que leva anos reuníndose co responsable de ‘Tableros Hispanos’, Simón Távara, para “buscar unha solución” a esta situación que, explican, provoca que a veciñanza “non poida ter unha vida digna”. “Nesas reunións, a empresa amosou interese e compromiso, pero os prazos nunca se cumpriron, as palabras levounas o vento e anos despois os veciños seguen malvivindo por mor do fume e do ruído da madereira”, sinalan.

A veciñanza explica que as diferentes administracións públicas son coñecedoras da situación “dende hai tempo” e engaden que “festexan a creación de novos postos de traballo”, mais sempre “respectando o dereito da veciñanza a vivir dignamente nas súas casas”. A maiores, a asociación sinala que teñen a sospeita de que a fábrica ‘Tableros Hispanos’ está realizando “vertidos contaminantes ao Río Miño”. Dende o colectivo existe unha preocupación, ademais, pola “disminución de caudal dos pozos”, que, di, pode deberse ao “consumo de auga sen control desta industria”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...