InicioLugo e contornaOrozco di que a súa "longa noite de pedra está rematada" e...

Orozco di que a súa “longa noite de pedra está rematada” e baralla denunciar a Pilar de Lara

Lembra o "longo vía crucis" xudicial que empezou --remarcou-- "cunha denuncia falsa" en 2011.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Lugo José López Orozco afirmou que estudará demandar á xuíza Pilar de Lara, que fora titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, por “unha longo vía crucis” xudicial que empezou –remarcou– “cunha denuncia falsa” en 2011.

Orozco compareceu este luns en rolda de prensa, na sede dos socialistas de Lugo, acompañado da secretaria de organización do PSOE lucense, Pilar García Porto. Ante numerosos xornalistas fixo un repaso da súa cadea de investigacións xudiciais que lle levou mesmo a ceder sobre as súas aspiracións de volver ser alcalde en 2015, logo que os grupos do BNG, Lugonovo e Esquerda Unida vetasen a súa investidura.

Orozco afirmou que todo este periplo comezou “cunha denuncia falsa, de alguén que afirma que non ten ningunha proba do que afirma senón unicamente do que dicían e a partir de aí”, relatou, é cando foi imputado.

Recordou que comparecer “de forma voluntaria”, ante o xulgado, “sen coñecer o sumario e respondendo todas as preguntas”, mesmo presentando ante a xuíza (Pilar de Lara) todas as súas contas “desde antes de ser alcalde ata o 1 de maio de 2013 porque tiña que comparecer o 2 de xuño”.

Presentei todas as contas e de nada valeu, nin tan sequera os informes de Vixilancia Aduaneira, máis de mil folios, onde estudaron todo o meu patrimonio, e o das miñas fillas, e acabaron dicindo que despois dun estudo pormenorizado das miñas contas e da miña muller e das miñas fillas, resultaba que o patrimonio non era máis que produto do traballo realizado polos dous (el e a súa muller)”, subliñou.

Tamén aproveitou para mirar atrás e lembrar que “foi en abril de 2011 cando empezou a súa investigación e ata hoxe pasaron case once anos e a xustiza con maiúsculas falou e deixou meridianamente claras as cousas”.

“SON INOCENTE”

Con respecto a esta última desimputación, sobre a ORA, puntualizou que “se arquivou provisionalmente, como é lóxico e como se fai sempre por se aínda puidese aparecer algunha cousa que non vai aparecer, pero neste momento pódome sentar diante de vostedes a dicir o que tantas veces lles dixen no salón de plenos do Concello e é que son inocente”.

“Esa inocencia é o que me dá forzas para presentarme ante vostedes e dicirlles que hoxe esa longa noite de pedra está finalizada. A señora xuíza (Pilar de Lara) está en Ponferrada e eu estou libre de toda culpa aquí, nesta cidade, coa miña xente á que tanto quero e neste Lugo ao que tanto respecto”, proclamou.

Logo desta longo “vía crucis” xudicial, advertiu que el e os seus avogados estudarán demandar a Pilar de Lara, de cuxo castigo polo Consello Xeral do Poder Xudicial dixo que fora “pequeno”.Tamén deixou claro que cos seus 74 anos xa non pensa volver á política, deixando fortes reproches cara a aqueles partidos que en 2015 vetaron a súa investidura, que sería a quinta como alcalde da cidade de Lugo.

LIÑARES, UNHA “FORTE DECEPCIÓN”

Orozco sobre o principal procesado nas distintas operacións relacionadas coa corrupción e que fora a súa man dereita no Concello, Francisco Liñares, limitouse a dicir que sente unha “forte decepción”, á vez que se mostraba agradecido ao partido socialista polo seu apoio neste ano.

“Vía crucis”, “calvario” ou unha gran “cruz” foron algúns dos adxectivos que empregou o exalcalde de Lugo para resumir o seu percorrido xudicial nestes case 11 anos.

A secretaria de organización do PSOE, Pilar García Porto, desfíxose en eloxios cara a Orozco, do que chegou a presumir de que foi “un gran referente do municipalismo de España”, despois de apuntar o “gran dano persoal e político” que tivo que sufrir o exregidor.

ÚLTIMAS

Controlado o incendio da Fonsagrada, que afecta a 65 hectáreas

Un incendio permanece activo no concello lugués da Fonsagrada, onde ata o momento arderon un...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...