InicioSociedadeLugo rexistra 61 contaxios máis ata os case 2.500 casos activos

Lugo rexistra 61 contaxios máis ata os case 2.500 casos activos

Mantense unha persoa en críticos e ingresa outra máis en unidades convencionais, que suman 36 pacientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia mantense por segunda xornada consecutiva por encima dos 2.000 novos contaxios de Covid-19 e supera os 20.100 casos activos –medio milleiro máis que a xornada anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados descenden a 376 –dez menos–. Polo seu lado, a taxa de positividade ascende a un 14,2 por cento no conxunto de Galicia, que suma outros tres falecidos.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, continúan 26 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen cambios por segunda xornada seguida–, mentres descenden a 350 as hospitalizadas en unidades convencionais –dez menos–. Os restantes 19.751 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o xoves 10 de marzo– había 379 ingresados en Galicia –28 deles en UCI–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Vigo e Santiago-Barbanza; mentres que se incrementa lixeiramente nas de Lugo e Pontevedra-O Salnés, e se mantén sen cambios na de Ferrol. En concreto na de Lugo, mantense unha persoa en críticos e aumentan a 36 os doutras unidades –un máis–.

Os casos activos de Covid-19 volveron superar os 20.000 ao situarse en 20.127, que implican 538 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (2.075) que altas (1.534), ao que se engaden tres falecementos. Hai unha semana –o xoves 10 de marzo– contabilizáronse 18.561 infeccións activas. En xeral, as infeccións activas só se reducen na área de Ourense (-23), mentres que ascenden nas outras seis, coa da Coruña e Cee á cabeza (+133), seguida da de Ferrol (+131), Vigo (+105), Santiago e Barbanza (+76), Lugo (+61) e Pontevedra-O Salnés (+53).

Por tanto, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 4.334; seguida da de Vigo, con 3.602; Santiago e Barbanza, con 3.192; Ourense, con 2.682; Lugo, con 2.447; Pontevedra-O Salnés, con 2.137; e á cola continúa a de Ferrol, con 1.639. Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 15 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia ascende a 883,57 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se sitúa en 432,37.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...