InicioDeportesO C.B. Breogán xogará no Circuito Movistar de Oviedo o venres contra...

O C.B. Breogán xogará no Circuito Movistar de Oviedo o venres contra Bàsquet Manresa

O equipo breoganista suplirá ao Gran Canaria, con baixas por lesións e convocatorias internacionais, e medirase ao conxunto do Bages ás 21 horas no Palacio de Deportes ovetense

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán xogará o venres 14 de setembro no Circuito Movistar de Oviedo ante Bàsquet Manresa no Palacio de los Deportes ovetense a partir das 21 horas. O equipo lucense sustitúe ao Gran Canaria, que non poderá competir por baixas por lesións e convocatorias internacionais.

O conxunto galego non puido competir no segundo dos partidos do Circuito Movistar de Tarragona o pasado sábado polo mesmo motivo.

Antes, o Breogán enfrontarase ao equipo chinés Shenzhen Leopards hoxe ás 20:30 horas no Pazo dos Deportes de Lugo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...