InicioEconomíaNove persoas acceden por concurso-oposición á Secretaría e Intervención da Deputación de...

Nove persoas acceden por concurso-oposición á Secretaría e Intervención da Deputación de Lugo

Xa poden acceder aos postos de Secretaría-Intervención, Secretaría categoría de entrada e Intervención-Tesouraría categoría de entrada nas entidades locais da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, outorgou este xoves un diploma acreditativo ás persoas que realizaron a formación para superar o concurso oposición de Secretaría e Intervención convocado pola institución provincial.

En total, foron nove as persoas que superaron este proceso selectivo e completaron a formación, que foi gratuíta e en formato en liña, segundo indicou a Deputación nun comunicado. Así, xa poden acceder aos postos de Secretaría-Intervención, Secretaría categoría de entrada e Intervención-Tesouraría categoría de entrada nas entidades locais da provincia.

José Tomé explicou que esta bolsa de emprego fora creada “ante os problemas que están a ter moitos concellos da provincia, sobre todo a de menos poboación, para contar con secretarios de entrada e secretarios interventores”.

O presidente da Deputación de Lugo destacou tamén que con este sistema conseguiron dous obxectivos: “dar solución a un problema que teñen os concellos e, ao mesmo tempo, abrimos oportunidades laborais para persoal funcionario de habilitación nacional na Administración Local”, sinalou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...