InicioLugo e contornaLugoUn lucense acusa aos bombeiros de "reventarlle" o coche sen razón: "era...

Un lucense acusa aos bombeiros de “reventarlle” o coche sen razón: “era vapor, non fume”

O home asegura que lles pediu para ao explicar que o coche non estaba ardendo, pero estes non se detiveron.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Isto é de película”. Así comeza a narración dun peculiar suceso que tivo lugar na xornada do pasado sábado no centro de Lugo. Un home denuncia que os bombeiros lle “reventaron” o coche porque pensaron que estaba ardendo cando, en realidade, se trataba simplemente de vapor de auga. 

Ao parecer, e segundo relata o home nunha publicación de Facebook, os bombeiros chegaron nos apenas dez minutos que o denunciante se detivo para mercar nun supermercado. Foi ao saír cando atopou aos efectivos “reventando” o capó do coche. Nese momento, o home comezou a berrarlles que pararan porque non se trataba de fume senón de vapor de auga, xa que o coche viña de ser lavado.

Pero os bombeiros, apunta, fixeron caso omiso dos seus pregos e non pararon. O home admite que os insultou na tensión do momento e mesmo volveu a tildalos de “brutos ignorantes” na publicación referida. “É vergoñento que uns bombeiros de academia non distingan vapor de fume e cheiro de auga e cheiro de incendio; parecían actores dunha obra pesada”.

O home xa apuntou que pensa reclamar “até o último céntimo” deste mal suceso, non só con respecto ao coche, que sofre danos no amentado capó, senón tamén a nivel psicolóxico “porque isto é para enfermar, tan só pensar quen son os que nos protexen dun incendio”, asevera.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...