InicioSociedadeBoicot dos pensionistas de Lugo para "colapsar" a banca

Boicot dos pensionistas de Lugo para “colapsar” a banca

Chaman a sacar diñeiro simultaneamente de caixeiros para bloquealos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pensionistas de Lugo estudan convocar unha acción conxunta para tratar de “colapsar” a banca privada sacando un día cen euros simultaneamente dos caixeiros automáticos en protesta polos “agravios” que sofren as persoas maiores ante o proceso de dixitalización das entidades financeiras e o peche de oficinas presenciais.

O presidente da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Lugo, Julio Méndez, lembrou nese horizonte de “boicot” ás entidades financeiras, xa se convocou unha protesta o próximo 5 de marzo que convida a non retirar diñeiro dos caixeiros.

Méndez deslizou que a este “boicot” se lle pode ” dar unha volta” e aposta por ir sentido contrato. “Que un día vaia todo o mundo a sacar cen euros, a ver que pasa, porque pode colapsar a banca durante esa xornada”, apostilou.

O activista lucense incidiu en que o colectivo tratará “de presionar todo o posible, porque as medidas que anuncian algúns bancos hai que ver como se van desenvolvendo e ver o que achegan”.

Sobre esas pautas que algunhas entidades tomarían, para desagraviar os maiores, Méndez expuxo que “ata agora o único que dixeron é que ampliaban o horario ata as dúas da tarde e iso non significa nada“.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...