InicioLugo e contornaLugoDetido un veciño de Lugo tras tentar atropellar a un policía

Detido un veciño de Lugo tras tentar atropellar a un policía

A investigación conduciu até o home unha semana despois do suceso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido pola Policía Nacional acusado de atropelar a un axente da Policía Local de Lugo que participaba nun control rutinario o pasado 2 de febreiro. O arrestado é un veciño de Lugo que conta, segundo relata a Policía Nacional nun comunicado emitido este xoves, con “innumerables” antecedentes.

O relato policial sostén que o detido arroiou a un axente ao darse á fuga tras recibir o alto nun control rutineiro. O policía evitou ser atropelado apoiando as mans sobre o capó do coche. Tras isto, iniciouse unha fuga na que o individuo subiu ás beirarrúas e puxo en “grave risco” a viandantes e outros condutores. Nun punto, abandonou o coche coas portas abertas e fuxiu a pé do lugar en dirección á rúa Conde.

Nese momento os axentes perderon a pista ao home, que foi identificado tras as pesquisas policiais, centradas no vehículo que, con todo, figuraba a nome dunha terceira persoa. Finalmente, o individuo foi localizado o pasado luns e axentes da Policía Nacional procederon ao seu arresto. Impútaselle un delito de desobediencia e outro contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...