InicioEconomíaA CIG denuncia que a empresa Tegestación "segue producindo" pese ao ERE...

A CIG denuncia que a empresa Tegestación “segue producindo” pese ao ERE que afecta á factoría de Outeiro de Rei

Apunta que "o máis lamentable é a situación de falta de pagamento de salarios cando a sociedade mantén certa actividade empresarial".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denunciou este luns que pese ao ERE, que deixaría na rúa aos 64 traballadores da empresa láctea Tegestacín que se asenta sobre a vella factoría de Leite Pascual en Outeiro de Rei, esta sociedade “segue producindo”. O responsable da Federación de Alimentación da CIG en Lugo, Cristián López, constatou, a continuación, que as negociacións polo ERE “están totalmente paralizadas”.

“Lamentablemente temos que dicir que segundo o que vimos demandando nas anteriores reunións vemos que se seguen incumprindo as garantías mínimas con respecto das xustificacións das medidas propostas”, manifestou.

Ademais, apuntou que “o máis lamentable é a situación de falta de pagamento de salarios cando a sociedade (Tegestacín) mantén certa actividade empresarial”. “Isto é chamarnos imbéciles á cara. Non pode ser que a empresa pretenda facer un peche e unha liquidación en diferido, a prazos, cando a día de hoxe está a realizar unha actividade e non está en disposición de afrontar o pago dos salarios do mes pasado”, protestou.

Cristián López acreditou que aos traballadores débeselles a “nómina de decembro e de aquí a unha semana cae outra nómina (a do mes de xaneiro). “Tamén existen diferenzas económicas relativas ás pagas extraordinarias e compensación por vacacións. Non é de recibo que unha empresa que está a producir e recibindo ingresos teña ao seu persoal sen cobrar“, lamentou.

Finalmente, advertiu de que se está “pendente dunha reunión coa intermediación da Xunta, nunha mesa onde sentarán tres partes; empresa, comité de empresa e a administración autonómica, con vistas a ver si podemos enfocar algunha proposta de futuro para estas instalacións”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...