InicioEconomíaObras no tramo Monforte de Lemos-Lugo interromperán o servizo ferroviario e obrigan...

Obras no tramo Monforte de Lemos-Lugo interromperán o servizo ferroviario e obrigan a traslados por estrada

Renfe establece entre o 10 de xaneiro e o 10 de maio plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido entre este 10 de xaneiro e o 10 de maio de 2022 debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Por iso, Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

En concreto, Renfe estableceu un plan alternativo por estrada desde as 8,00 horas do día 10 xaneiro ata as 14,00 horas do 10 de maio. Respecto diso, indicou que se ofrece a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional –se é para a mesma clase, no caso de modificalos–, “se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes”. Con todo, Adif e Renfe “lamentan as molestias ocasionadas aos viaxeiros”.

Así o informou Adif nun comunicado, no que explica que durante este período actuacións en infraestrutura, que inclúe obras de drenaxe; pasos superiores; noiros de trincheiras e túneles, e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo, de 75 quilómetros de lonxitude.

“A execución desta fase de obras é incompatible co tráfico ferroviario, xa que implica o levante da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria”, aclara Adif.Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), como é o número 9, que ten entre as súas metas desenvolver infraestruturas fiables, sustentables e de calidade”.

TRASLADOS POR ESTRADAS

Entre o 10 de xaneiro e o 9 de maio os trens Alvia e Intercity que pasen polo tramo en obras comezarán e terminarán viaxe en Monforte de Lemos, como os que saen e chegan a Lugo. Os traballos nese tramo tamén afectarán a usuarios de convois de media distancia, que serán trasbordados por estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...