InicioSociedadeMáis de 2.000 familias da provincia de Lugo acoden ao Banco de...

Máis de 2.000 familias da provincia de Lugo acoden ao Banco de Alimentos para afrontar o Nadal

Hai conservas, productos frescos e tamén alimentos típicos do Nadal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 2.000 familias da provincia de Lugo acoden ao tres sedes do Banco de Alimentos para encarar o Nadal, segundo as estimacións da presidenta desta entidade, Amadora Núñez.

Segundo indicou, son máis de mil familias as que recorren a este servizo na capital da provincia, sobre 600 na sede da Mariña e unhas 400 en Monforte. Pese ao incremento de familias que acoden ao Banco de Alimentos, Amadora Núñez asegura que está “satisfeita” tras as doazóns, sobre todo de Tenreira Galega con máis de 2.000 quilos ou o “trailer” de pito comprometido por unha empresa do sector.

Ademais, destacou que tamén haberá produtos propios do Nadal, que se empezaron a repartir esta mesma semana, como son “cinco palets de tabletas de turrón”. Tamén “entre o 16 e o 17 entrará un trailer de conservas e o 21 é cando confirmaron” que lles chegará a tenreira, “a razón dun quilo ou dous quilos por familia”, sinalou. Así, comentou que para estes días vanse a repartir “froitas, verduras, leite, zumes, pito, tenreira”.

“Estamos contentos para poder repartir e que todo o mundo poida ter“, subliñou a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez. Son dous días nos que se realiza a distribución destes alimentos, os martes e os venres, lembrou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...