InicioLugo e contornaLugoAlertan do aumento de agresións en centros de saúde da provincia

Alertan do aumento de agresións en centros de saúde da provincia

UGT vencella a problemática á falta de medios na Atención Primaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario da Federación de Servizos da UGT de Lugo, Eliseo Rivas, alertou dun “repunte” nas agresións a persoal sanitario e non sanitario nos PAC e centros de saúde da provincia. Este xoves, Rivas apuntou que se trata de “un problema social, a reacción dos usuarios aos profesionais con agresións en moitos centros de saúde” como o rexistrado hai unha semana na Mariña.

“Hai tensión entre os usuarios por situacións das que para nada son responsables os profesionais da sanidade”, advertiu o sindicalista de UGT. Eliseo Rivas atribuíu este “repunte” a que a atención primaria “segue cos problemas de sempre, segue habendo falta de persoal, non se cobren as substitucións e hai listas de espera”.

“Non se conta cos recursos para dar unha mellor atención na PAC e entón isto é o que provoca tensións entre os usuarios”, interpretou. O responsable da Federación de Servizos da UGT lamentou que “raro é o mes en que non se produce algunha agresión, ou ben a persoal de enfermaría, a facultativos ou a persoal non sanitario”.

“Estas situacións de tensión veñen motivadas polo funcionamento que podería mellorar e que para nada é achacable a estes profesionais”, censurou. Para Rivas, está claro que “a única responsable destes ataques é a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade” pola súa xestión dos recursos sanitarios e, en concreto, da atención primaria.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...