InicioPolíticaO socialistas lucenses sacan peito e piden "presenza relevante" na nova executiva...

O socialistas lucenses sacan peito e piden “presenza relevante” na nova executiva do PSdeG

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa da cidade da Muralla, Lara Méndez, coincidiron en que a provincia ten que ter unha presenza destacada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa da cidade da Muralla, Lara Méndez, coincidiron este venres ao reivindicar unha “presenza relevante” do socialismo lucense na futura dirección do PSdeG.

Nun acto celebrado en Lugo no que coincidiron ambos os dirixentes socialistas, Tomé mostrouse convencido de que “Lugo terá unha presenza relevante na executiva” e no propio XIV Congreso tras o seu papel na vitoria do novo secretario xeral electo. “Lugo terá presenza na executiva, terá no comité nacional e teraa no comité de ética. É dicir a provincia de Lugo vai estar representada como se merece“, resumiu.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reivindicou a necesidade de “ter voz” nos distintos órganos de dirección nos que se marcarán as directrices do partido para “seguir sendo útiles” e “transformando a sociedade”.

Méndez, que tamén incidiu en que Lugo foi “determinante” para o inicio da nova etapa, asegurou que no PSdeG todos son “útiles e necesarios” pero sinalou que “xurdirán cambios nos distintos órganos de dirección porque así o dixo a militancia do noso partido”. “Lugo cidade e Lugo provincia terán presenza nos distintos órganos de dirección do PSdeG”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...