InicioLugo e contornaRábadeO xurado popular declara culpable ao home acusado de asfixiar ao seu...

O xurado popular declara culpable ao home acusado de asfixiar ao seu irmán, que padecía unha discapacidade

A vítima tiña 45 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado popular declarou culpable dun delito de homicidio ao home acusado de asfixiar ao seu irmán, que padecía unha discapacidade, en Rábade en novembro de 2019. O veredicto deuse a coñecer na tarde deste xoves tras concluír a deliberación do xurado unha vez finalizada a vista oral, que arrincou o pasado mércores na Audiencia Provincial de Lugo.

Así, o xurado considera culpable ao procesado de asfixiar ao seu irmán, co que residía na localidade luguesa de Rábade e que padecía unha discapacidade do 65%.

Tras o veredicto de culpabilidade, corresponde á presidencia do tribunal emitir a sentenza condenatoria contra o homicida, para o que Fiscalía solicitaba unha pena de dez anos de cárcere.

ACUSACIÓN

Na súa acusación, Fiscalía sinala que “en hora non determinada, pero en todo caso anterior ás 13,45 horas do día 23 de novembro de 2019, con ánimo de pór fin á vida do seu irmán, apertoulle o pescozo ata causar a súa morte, producíndose a mesma por asfixia mecánica por compresión“.

“Acto seguido, púxose en contacto telefónico coa Garda Civil comunicando os feitos”, engade o escrito do Ministerio Público. A vítima, no momento do falecemento, contaba con 45 anos e, como parentes, tiña ao seu pai, con quen non convivía e que non reclama por estes feitos e un irmán, que si o fai.

Fiscalía sostén que o presunto autor “tiña as súas facultades para comprender os seus actos e a vontade para decidirse a executalos intactas ao momento dos feitos, sendo plenamente consciente que coa súa acción acabaría coa vida do seu irmán”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...