InicioLugo e contornaLugoXulgan a un home acusado de asfixiar ao seu irmán, que padecía...

Xulgan a un home acusado de asfixiar ao seu irmán, que padecía minusvalía

A vítima tiña 45 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará desde o día 17 e ata o día 19 o xuízo, con xurado, dun home acusado de asfixiar ao seu irmán, que padecía unha minusvalía.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por un delito de homicidio, a Fiscalía pide, no seu escrito de cualificación dos feitos, unha pena de dez anos de prisión.

O acusado vivía no partido xudicial de Lugo co seu irmán, que padecía unha minusvalía do 65%. Fiscalía sinala que “en hora non determinada, pero en todo caso anterior ás 13,45 horas do día 23 de novembro de 2019, con ánimo de pór fin á vida do seu irmán, apertoulle o pescozo ata causar a súa morte, producíndose a mesma por asfixia mecánica por compresión”.

“Acto seguido, púxose en contacto telefónico coa Garda Civil comunicando os feitos”, engade o escrito do Ministerio Público. A vítima, no momento do falecemento, contaba con 45 anos e, como parentes, tiña ao seu pai, con quen non convivía e que non reclama por estes feitos e un irmán, que si o fai.

Fiscalía sostén que o presunto autor “tiña as súas facultades para comprender os seus actos e a vontade para decidirse a executalos intactas ao momento dos feitos, sendo plenamente consciente que coa súa acción acabaría coa vida do seu irmán”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...