InicioSociedadeCooperación entre Institucións Penitenciais e Deputación para a reinserción de reclusos de...

Cooperación entre Institucións Penitenciais e Deputación para a reinserción de reclusos de Bonxe e Monterroso

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou este venres un convenio de colaboración co secretario xeral de Institucións Penais, dependente do Ministerio do Interior, Ángel Luís Ortiz, para pór en marcha medidas que faciliten a reinserción de reclusos das prisións de Bonxe e Monterroso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou este venres un convenio de colaboración co secretario xeral de Institucións Penais, dependente do Ministerio do Interior, Ángel Luís Ortiz, para pór en marcha medidas que faciliten a reinserción de reclusos das prisións de Bonxe e Monterroso.

En virtude deste acordo, persoas condenadas a cumprir penas de traballo en beneficio da comunidade poderán facelo na provincia a través da institución que preside Tomé, para o que se pon a disposición 76 prazas: 63 de administrativo, unha de oficial de xardinaría e 12 de portaría e vixilancia.

O mandatario provincial, que lembrou que a Deputación tamén colabora na edición dunha revista elaborada polos reclusos de Bonxe, puxo en valor a atención “prioritaria” que desde este organismo se quere dar ás políticas sociais.

“Contar cunha gran rede pública de protección é un dos obxectivos fundamentais da nosa acción política, porque só desta forma garantimos plenos dereitos á cidadanía, tamén á poboación recluída”, incidiu.

Pola súa banda, o secretario xeral de Institucións Penais subliñou que, grazas ao convenio, os reclusos poderán cumprir esas penas de traballos comunitarios preto dos centros penais, sen ter que saír da provincia. Así, o acordo subscrito serve para paliar a carencia de oportunidades neste aspecto que padecía a capital lucense.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...