InicioLugo e contornaLugoO Lucus Augusti, "saturado" tras o peche dunha planta con 34 camas

O Lucus Augusti, “saturado” tras o peche dunha planta con 34 camas

A CIG-Saúde denuncia esperas de "ata 24 horas" por parte de pacientes para seren ingresados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG-Saúde denunciou, a través dun comunicado, que o servizo de Urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) “está saturado pola falta de camas de hospitalización” ao ter, segundo matiza, “unha planta de 34 camas pechada”.

Respecto diso, este sindicato sinalou que o pasado 2 de novembro “quedaron 14 pacientes en urxencias pendentes de ingresar” e “hoxe (mércores) hai 10 pendentes de ingresar en planta e en observación”. “Esta situación provoca unha saturación tanto nos pacientes como nos profesionais, xa que este servizo é para a atención urxente e inmediata dos pacientes e, nestes momentos, convértese tamén nun servizo de hospitalización sufrindo os pacientes as consecuencias de non estar no servizo correspondente á súa patoloxía, prolongando as esperas en padiolas ata 24 horas ou máis”, lamenta.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...