InicioLugo e contornaLugoA Deputación destina 50.000 euros para ampliar o centro de día...

A Deputación destina 50.000 euros para ampliar o centro de día de Guitiriz

O centro de día conta na actualidade con 12 prazas asistenciais para maiores e as obras de ampliación permitirán engadir outros 55 metros cadrados e dar resposta asistencial a un total de 20 usuarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo achegará 50.000 euros para contribuír á ampliación do centro de día de Guitiriz, o que permitirá adaptar as instalacións para alcanzar a vintena de prazas e reducir a lista de espera.

O presidente, José Tomé Roca, asinou este venres no Pazo de San Marcos coa alcaldesa, Marisol Morandeira, o convenio que fixa esta colaboración económica para poder acometer os traballos.

O centro de día conta na actualidade con 12 prazas asistenciais para maiores e as obras de ampliación permitirán engadir outros 55 metros cadrados e dar resposta asistencial a un total de 20 usuarios.

O investimento total para esta actuación é de 71.825 euros, dos que a Deputación achega o 70%, mentres o Consistorio asume o 30% restante.

+ posts

ÚLTIMAS

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...