InicioA UlloaMonterrosoXulgan a unha axente bancaria por supostamente estafar 8.500 euros a unha...

Xulgan a unha axente bancaria por supostamente estafar 8.500 euros a unha muller de avanzada idade en Monterroso

No xuízo, celebrado na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, o avogado da axente bancaria pide a "libre absolución".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha axente bancaria que se enfronta a un xuízo na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo por suposta estafa a unha muller de avanzada idade en Monterroso negou os feitos, polo que o seu avogado pide a “libre absolución”.

A Fiscalía solicita catro anos de prisión, e segundo o relato da propia acusación pública, esta muller traballaba entre 2010 e 2019 nunha sucursal do Banco de Santander no municipio de Monterroso.

Entre os clientes que atendía a procesada atopábase a vítima da suposta estafa, que no momento dos feitos tiña 78 anos. Segundo a Fiscalía, a vítima tiña as súas facultades intelectivas “mermadas dada a súa avanzada idade”.

Por iso, tiña que recorrer ao persoal do Concello de Antas de Ulla para que lle axudasen a xestionar as súas contas e para que comprobasen os cargos nas mesmas. A súa actividade limitábase á xestión dunha conta corrente e dous fondos de investimento, así como distintas disposicións de efectivo con presentación de caderno.

Ademais, era cliente do Banco de Santander en Monterroso desde facía moitos anos, polo que existía “unha relación de confianza cara á acusada”, engade. Neste escenario, o 1 de marzo de 2019 a axente bancaria, sinala a Fiscalía, “co ánimo de obter un enriquecemento inxusto e prevaléndose da confianza” que a clienta tiña depositada nela e a entidade, persuadiuna para que trasladase 8.200 euros da conta corrente a un dos seus fondos de investimento.

Pero, en realidade, a acusada procedeu a retirar en efectivo e en beneficio propio esa cantidade da conta corrente sen contar coa autorización da vítima.

A defensa mantén a petición de libre “absolución” para a súa clienta, ao argumentar que a suposta vítima retirou o diñeiro para ela mesma, tanto é así que se conta “con xustificante do retiro” deses 8.200 euros, segundo sinalou o avogado.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...