InicioA UlloaSoben os novos casos Covid na provincia de Lugo

Soben os novos casos Covid na provincia de Lugo

O número total de contaxiados aumenta a 33.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana, tras o primeiro fin de semana fóra de emerxencia sanitaria –estado que abandonou o venres pasado–, cun lixeiro aumento dos casos activos de Covid-19, que se sitúan en 419, e un descenso dos novos contaxios a 24 –dez menos–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus mantéñense en 25. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa a un 1,06 por cento en Galicia.

Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, continúan sete persoas ingresadas en UCI e noutras unidades convencionais permanecen 18 hospitalizados, mentres que 394 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, na deLugo hai tres pacientes Covid en UCI e ningún noutras unidades.

AUMENTO DE CASOS

Esta semana comeza cun lixeiro aumento dos casos activos ata os 419, que supoñen catro máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (24) que altas (20), polo que Galicia encadea dúas xornadas consecutivas de incremento.

En concreto, as infeccións activas aumentan en catro das sete áreas sanitarias, entre elas, a de Lugo, con seis casos máis co que o número total de contaxiados sobe aos 33.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Tras superar a trintena a xornada do domingo, esta semana iníciase cun descenso dos novos contaxios ata os 24, que supoñen 10 menos que os 34 do domingo e un par por baixo dos 26 do sábado. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Os 24 novos contaxios foron confirmados por Proba de Detección de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles, sete na de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...