InicioSociedadeA área sanitaria de Lugo baixa das 30 infeccións activas

A área sanitaria de Lugo baixa das 30 infeccións activas

Continúan tres persoas ingresadas en críticos e xa non quedan persoas hospitalizadas noutras unidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra unha melloría da maioría dos indicadores da Covid-19 na primeira xornada sen estado de emerxencia sanitaria, cun descenso dos casos activos a 413 -tres menos– e no número de contaxios, 26. Tamén baixa a taxa de positividade ata o 1,11%, mentres que as hospitalizacións por covid se manteñen en 26.

Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, concretamente na área sanitaria lucense continúan tres persoas ingresadas en críticos e xa non quedan persoas hospitalizadas noutras unidades. Os casos activos baixan en dous ata un total de 28 e os novos contaxios rexistrados nas últimas 24 horas non superan os dous.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– baixa ata o 1,11% no conxunto de Galicia desde o máis do 2% da xornada anterior, e tras subir ao 1,09% o día anterior, despois de descender ao 0,48% o mércores, incrementarse o martes ao 0,84% e comezar esta semana cun 0,51%. No entanto, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...