InicioLugo e contornaLugoDenunciado un local de lecer nocturno por superar a capacidade permitida e...

Denunciado un local de lecer nocturno por superar a capacidade permitida e carecer de xel hidroalcohólico

Os veciños denunciaron molestias polos altos niveis de ruído.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou denuncia a un local de lecer nocturno por incumprir a normativa sanitaria pola Covid-19 ao superar o aforamento permitido, carecer de dispensadores de xel hidroalcohólico para clientes e, ademais, exercer a actividade coas portas abertas e transmitir “altos niveis de ruído”.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 3,35 horas deste 19 de outubro efectivos do Grupo Operativo Nocturno acudiron a cálea Catedral porque veciños denunciaran molestias que procedían dun local de lecer nocturno.

Os axentes comprobaron que a “uns 30 metros” do local escoitábase “música en ton moi alto”. Varios policías accederon ao interior e viron que a porta de entrada estaba aberta, “sen controlador”, destacan as mesmas fontes, e no interior había, “36 clientes, sen contar o persoal e encargado do establecemento”, cando o aforamento establece “27 como máximo”.

Por iso, realizaron inspección e tramitaron acta de denuncia por carencia de dispensadores de xel hidroalcohólico a disposición do público, non ter exposta ao público a capacidade máxima, superar o aforamento permitido e exercer a actividade coas portas abertas, “transmitindo altos niveis de ruído ao exterior”, subliña a Policía Local.

Doutra banda, ás 5,00 horas deste martes unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou que un local de lecer nocturno situado na rúa Mariña Española estaba aberto con clientes no interior. Como, destaca a Policía Local, “debería estar pechado ás 3,00 horas” pola normativa Covid, os axentes tramitaron acta de denuncia por infracción da Lei de Saúde de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...