InicioLugo e contornaLugoLugo rexistra só catro contaxios novos noutra xornada á baixa

Lugo rexistra só catro contaxios novos noutra xornada á baixa

Desta vez, os ingresados mantéñense: dous en UCI e un en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia inicia arrinca a fin de semana tras a ponte do 12 de outubro cunha baixada dos contaxios tras notificarse 28 nas últimas 24 horas, 10 menos que no día anterior. Tamén descenden os pacientes ingresados por covid, 34, co que son catro menos; así como os casos activos, que quedan nos 451 –21 menos–. O mesmo ocorre coa taxa de positividade, no 0,88%.

Segundo os datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, continúan sete persoas hospitalizadas pola Covid en UCI e baixan a 27 os ingresados noutras unidades –catro menos—. Por áreas sanitarias, Lugo continúa con dous pacientes Covid ingresados en UCI e segue un en planta.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 descenden ata os 451, 21 menos, ao haber menos contaxios (28) que altas (49), e ao non haber falecidos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas de Santiago e Barbanza (+1), Pontevedra e O Salnés (+1) e Ferrol (+1), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-5), Vigo (-7), Ourense (-6) e Lugo (-5).

Por tanto,a área da Coruña e Cee é a única por encima do centenar de casos e segue á cabeza co maior número de infeccións activas, 147; seguida pola de Vigo, con 80; Santiago e Barbanza, con 73; Ourense, con 65; Lugo, con 46 –tras rexistrar catro contaxios–; Pontevedra e O Salnés, con 28; e Ferrol continúa á cola, con 12.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– descende lixeiramente ata o 0,88%, tras repuntar a un 1,61 por cento o venres, caer ao 0,42% o xoves, situarse nun 0,95% o mércores e nun 2% o martes, despois de iniciar a semana cun 0,5%. Con todo, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia na Comunidade galega mantéñense en 2.646 tras non notificar Sanidade falecidos nas últimas 24 horas. Fronte a iso, 179.651 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda Galicia desde o comezo desta crise sanitaria, que representan 49 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

San Froilán 2025 amplía o seu cartel con novos artistas nacionais e internacionais

A área de Cultura do Concello de Lugo fixo pública esta mañá de luns...

Un peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un cristal coa cabeza

Un peregrino de nacionalidade inglesa resultou ferido na tarde do domingo en Sarria despois...

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

O PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días un expediente sancionador contra o Pub Las Palmeras

O grupo municipal do Partido Popular volveu reclamar este luns ao Goberno local unha solución...