InicioLugo e contornaLugoDenuncian ao dono dun local de artigos de automóbil por dedicarse a...

Denuncian ao dono dun local de artigos de automóbil por dedicarse a compravenda de coches sen licenza

Algúns carecían de seguro obrigatorio e a maioría non tiña a inspección técnica periódica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou ao dono dun local de venda de artigos de automóbil por dedicarse á compravenda de coches en Lugo sen ter a autorización administrativa correspondente.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, sobre as 16,30 horas do pasado día 13 unha patrulla detectou nunha rúa da cidade vehículos estacionados en zona de carga e descarga detrás dun establecemento de venda de artigos de automóbil.

No momento en que os axentes procedían á denuncia das infraccións observadas, o propietario do establecemento manifestoulles que os vehículos indebidamente estacionados eran da súa propiedade, así como outros 11 aparcados en vía pública, pois recoñeceu que se dedica á compravenda de coches. No interior do establecemento atopáronse outros vehículos sen seguro obrigatorio e a maioría sen sometelos a inspección técnica periódica, e aínda a nome dos antigos propietarios.

Por iso, os axentes procederon a denunciar a sete vehículos por estas infraccións e tramitaron acta de denuncia contra o dono do establecemento polo exercicio dunha actividade sen autorización administrativa, ademais de facer uso do dominio público para levar a cabo a venda de vehículos.

VEHÍCULO EN CALZADA

Por outra banda, a Policía Local denunciou a un condutor que se negou a mover o coche da vía pública tras ser detectado ás 18,30 horas do pasado día 14 no centro da calzada, sobre un paso de peóns na rúa Aviador Parga Cerdeira, “obstaculizando a circulación”.

Tras comprobar os axentes que o condutor estaba no interior, este negouse a mover o vehículo e encarouse cos axentes con “unha evidente falta de respecto e consideración cara a eles”, polo que se procedeu á súa identificación e denuncia.

Ademais, os axentes apreciaron “a posible existencia de enfermidade ou deficiencia que supón incapacidade para conducir asociada coa capacidade visual, auditiva e o sistema locomotor debido á alteración que impide a posición sedente normal ou un manexo ineficaz dos mandos e dispositivos do vehículo”. Por iso, foi proposta a incoación do procedemento para a perda de vixencia da autorización administrativa para conducir.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...