InicioLugo e contornaA maxistrada Pilar de Lara leva ao Constitucional a súa saída do...

A maxistrada Pilar de Lara leva ao Constitucional a súa saída do Xulgado Nº1 de Lugo

A xuíza levou casos mediáticos como a operación Carioca ou os casos Pokemon e Garañón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ex xuíza do Xulgado de Instrución Número uno de Lugo, Pilar de Lara, levará ao Tribunal Constitucional a súa saída do xulgado, despois da sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial e que a apartou deste xulgado por “dilacións indebidas”, entre outras cuestións.

O avogado, Agustín Azparren, precisou que chegarán ao Constitucional logo de esgotar  todos os recursos ante o Tribunal Supremo, o último, un incidente de nulidade que tampouco foi aceptado. “A idea era esgotar todos os recursos, queda o de amparo ante o Tribunal Constitucional e si se rexeitase sempre queda o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”, advertiu.

Azparren concretou que “na fase que estamos agora, estamos dentro do prazo para recorrer en amparo ante o Tribunal Constitucional e presentarase o recurso”. Teñen de prazo un mes para formular dita casación. “Hai unha primeira fase de admisión, que é un filtro que non pasan moitos recursos, despois o recurso de amparo e finalmente o que resolva o alto tribunal”, constataba o letrado madrileño.

Agustín Azparren explicou que “o que se examina son vulneración de dereitos fundamentais”. “Algúns dos argumentos que se foron utilizando nos recursos anteriores, pero máis enfocado na vulneración de dereitos fundamentais“, insistiu sobre o eixo en que virará o recurso.

Ao Constitucional apelarán “porque hai unha proba que se denegou, e que é fundamental, dado que se comentou que a inspección do Consello General del Poder Xudicial sempre daba informes moi positivos, destacando a laboriosidade de Pilar de Lara e de súpeto hai unha inspección extraordinaria e bótaselle practicamente a culpa de todo a ela“, indica.

“PERSOA DE GRAN LABORIOSIDADE”

“Curiosamente dous dos inspectores, dos que fixeron esa última inspección, son os mesmos que fixeran as inspeccións anteriores e que formularan un informe bastante positivo. O que se pediu desde o primeiro momento é que declarasen eses inspectores e explicasen porque cambiaran de súpeto o criterio, ao considerarse á xuíza como persoa de gran laboriosidade. Mesmo se dicía que o xulgado (número 1) tiña mal funcionamento a pesar da gran dedicación de Pilar de Lara”, ponderou.

Azparren deslizou que “esta é unha proba que é rexeitada polo Consello General del Poder Xudicial e polo Tribunal Supremo, e iso xera indefensión pola vulneración do dereito de proba”.

Outro aspecto sobre o que porá o foco é que “os membros da comisión disciplinaria que son os que deciden a sanción, pois despois co recurso de alzada ante o consello, ocorre unha cousa que non se dá noutro país e é que dentro do pleno están os membros da comisión disciplinaria que votan sobre a súa propia resolución”, afeaba finalmente.

A xuíza Pilar de Lara levou importantes operacións en Lugo, contra redes de prostitución na bautizada como operación Carioca, ou contra a corrupción no caso Pokémon ou Garañón.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...