InicioSociedadeA Deputación remarca a "interrelación" entre campus e cidade no proxecto de...

A Deputación remarca a “interrelación” entre campus e cidade no proxecto de renovación da Valgada

O proxecto prevé a demolición dalgúns elementos, como parte do anfiteatro, en favor da "posta en valor da paisaxe", e contempla accións para integrar a cidade co río e configurar a auga como elemento que suxire camiños de xogo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves na presentación do proxecto de reforma da Valgada, un terreo de titularidade provincial cedido ao campus universitario de Lugo, e destacou que dito proxecto “potencia a interrelación” entre ese campus e a cidade.

No acto de presentación participaron tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; e a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; entre outras autoridades.

A proposta para renovar ese espazo público resultou gañadora dun concurso de ideas impulsado pola Universidade de Santiago entre os seus alumnos, polo que Tomé puxo en valor que o plan educativo do campus lucense “combina a excelencia da formación superior cun estreito vínculo co territorio”.

O presidente da Deputación de Lugo tamén destacou a “aposta pola humanización e pola sustentabilidade”, que se reflicte na mellora da rede de camiños para facilitar os fluxos de comunicación e a convivencia.

O proxecto prevé a demolición dalgúns elementos, como parte do anfiteatro, en favor da “posta en valor da paisaxe”, e contempla accións para integrar a cidade co río e configurar a auga como elemento que suxire camiños de xogo. Así mesmo, refórzase a disposición dos hortos “como elementos de tradición e de futuro sustentable”.

DEPUTACIÓN E UNIVERSIDADE, “ALIADAS”

José Tomé subliñou no acto deste xoves que as institucións públicas deben ter capacidade para transformar a sociedade e a economía, “e unha das mellores aliadas para conseguilo é a Universidade pública, que é un motor de cambio”.

Precisamente, lembrou, a Deputación xogou un papel determinante na creación do campus de Lugo e mantén “un firme compromiso” coa institución académica. Así, ademais de achegar recursos económicos ou ceder espazos como A Valgada, colabora con outras iniciativas, como a Granxa Experimental de Leite.

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou aos premiados no concurso de ideas e subliñou que a súa proposta “conxuga perfectamente e representa os valores de sustentabilidade e respecto polo medio ambiente” que tamén se defenden desde o goberno municipal.

PROXECTO REVALGADA

O proxecto Revalgada actúa sobre un espazo que fai de nexo de unión entre a beira do río Miño e o bordo urbano da propia cidade, contemplando as necesidades de conectividade coa trama de Lugo e os propios fluxos internos do campus. Os traballos prevén a retirada dos camiños de formigón e laxa para substituílos por novos itinerarios de ‘xabre’ estabilizado; e plantaranse árbores e plantas autóctonas da contorna.

O proxecto complétase coa delimitación de hortas docentes mediante un muro de mampostería; a integración social e paisaxística da peza de formigón situada no centro do espazo; a retirada de parte do anfiteatro; ou a creación dunha poza para asentamento de anfibios e aves.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...