InicioLugo e contornaLugoDesaloxada unha discoteca en Lugo polo "volume excesivo da música"

Desaloxada unha discoteca en Lugo polo “volume excesivo da música”

A Policía Local comprobou que tamén estaban a incumprir as normas sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo desaloxou na madrugada deste mércores un local de lecer nocturno por incumprir a normativa Covid tras unha denuncia de veciños por “volume excesivo de música”.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 4,00 horas deste mércores, 6 de outubro, a Sala do 092 recibiu chamadas de veciños da rúa da Catedral para denunciar o “volume excesivo de música” procedente dun local de lecer nocturno nos baixos dun inmoble.

Por iso, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo desprazáronse ao lugar e comprobaron que se escoitaba desde a vía pública “música en ton moi alto”, destacan as mesmas fontes, e tiña as portas abertas. Os axentes accederon ao interior e identificaron ao responsable, ao que ordenaron que desconectase a música porque, puntualiza a Policía Local, “debido ao seu volume era difícil manter unha conversación”.

Os policías realizaron unha inspección e detectaron que o equipo de reprodución musical carece de sonógrafo e que tampouco tiña información sobre o aforamento do establecemento, polo que procederon ao seu desaloxo xa que “non consta que teña o nivel de dúas ‘cunchiñas’ que o habilita para ter como límite de peche as 4,00 horas”. Por iso, as mesmas fontes puntualizan que se rexe, por tanto, co nivel xeral cuxo horario de peche está establecido para as 3,00 horas.

De todas as condutas irregulares detectadas, a Policía Local destacou que se realiza acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas, así como á Lei de Saúde de Galicia.

RUÍDO NUNHA VIVENDA

Por outra banda, sobre as 00,45 horas do 5 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo foi enviada a un edificio da rúa Montirón porque veciños se queixaban dos ruídos procedentes dunha vivenda.

Os axentes comprobaron que se trataba de “ruídos molestos”, sosteñen as mesmas fontes policiais, producidos por “actividade humana” en relación a “conversa en ton moi alto”, polo que identificaron ao responsable, o cal manifestou que non era consciente das molestias que ocasionaba. Por iso, foi requirido para que cesasen, o que fixo “ao instante”, conclúe a Policía Local.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...