InicioCulturaVolve o San Froilán a Lugo

Volve o San Froilán a Lugo

O pregón de Marisol Bravos dá o pistoletazo ás festas, que terán 75 concertos

PUBLICADA O

- Advertisement -

As festas patronais de Lugo, o San Froilán, arrincan este luns co pregón da xornalista Marisol Bravos, que dará inicio a oito días de celebración nos que están programados 75 concertos, a gran maioría de bandas locais.

O pregón,  a cargo da presidenta de Cogami a partir das 19,30 horas do luns desde o balcón da casa consistorial na Praza Maior, Lugo volverá vivir o San Froilán, que aínda vivirá as restricións da pandemia pero que recuperará algunhas das súas características, como as verbenas. 

Así, disporase de tres prazas para as actuacións; Horta do Seminario, a Praza de Santa María e o aparcadoiro do vello auditorio Gustavo Freire, todos eles “perfectamente perimetrados” en cumprimento dos protocolos anticovid.

Cada día, segundo apuntan fontes da área de cultura, celebraranse tres concertos en cada un dos escenarios e tamén se organiza un para os máis pequenos no parking do Seminario. Entre outras actuacións inclúense a das Drogas, exvocalista de Barricado, ou do grupo Tanxugueiras, o trío formado polas irmás Olaia e Sabela Maneiro xunto con Aida Tarío, que chega a este San Froilán tras ser elixidas os fans do festival como as súas preferidas para representar a España no festival de Eurovisión.

Tamén haberá orquestras, con presenza na praza Augas Férreas, onde actuarán a París de Noia, Marbella, Costa Dourada e Arizona.

“MÁIS IMPORTANTE QUE NUNCA”

A alcaldesa da capital luguesa, Lara Méndez, apelou a que “este San Froilán ten que ser máis importante que nunca”. Así, Méndez destacou que xa “se respira ambiente festivo” polas rúas da cidade.

“O que queremos é que se poidan gozar das festas patronais, gozar desde a responsabilidade e desde a seguridade, pero tamén desde a socialización para poder gozar duns días coa familia, cos amigos, cos veciños. É máis importante que nunca esa parte de socialización, despois de tantos meses de pandemia que tamén nos afectou no persoal e sicolóXicamente“, sostivo.

A rexedora de Lugo resaltou que “este San Froilan é máis importante que nunca”. “E mantemos eses espazos para o goce colectivo”.

 

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...

Arquivada a causa aberta contra o presidente de Castilla y León por unha entrada para ver ao Real Madrid

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Joaquín Brage, asinou este...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...