InicioLugo e contornaLugoAxentes da Policía Nacional farán o Camiño de Santiago por substitucións dende...

Axentes da Policía Nacional farán o Camiño de Santiago por substitucións dende Lugo pola Vía Primitiva

Buscan visibilizar a importancia deste corpo policial na "protección e promoción das rutas xacobeas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional realizarán o Camiño de Santiago por substitucións este venres, 1 de outubro, desde a cidade de Lugo a través da Vía Primitiva para acabar na capital galega. Segundo explicou este corpo policial, con esta iniciativa pretende “visualizar a importancia da Policía Nacional na protección e promoción das Rutas Xacobeas” e, engade, “contribuír á difusión do proxecto Protexemos os Camiños”.

Para iso, elixiu a data do 1 de outubro, porque é a véspera do día dos Ángeles Custodios, patrón da Policía Nacional, que na capital lucense celebrarase o luns 4. Os axentes que participarán teñen fixada a saída na rúa Chantada, fronte ás dependencias da Policía Nacional, ás 9,00 horas deste venres. Pola súa banda, a chegada está prevista na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, sobre as 18,00 horas, coa asistencia de autoridades e mandos policiais.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...