InicioLugo e contornaLugoAuxilian a unha septuaxenaria en cadeira de rodas tras caerse no baño...

Auxilian a unha septuaxenaria en cadeira de rodas tras caerse no baño da súa vivenda

Non foi precisa asistencia sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron a unha septuaxenaria en cadeira de rodas que se caeu no baño da súa vivenda e o seu marido era incapaz de levantala. 

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 2,25 horas do pasado sábado, 25 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada a un edificio da rúa Portugal porque unha persoa maior caera no interior da súa vivenda.

Por iso, os policías procederon a auxiliar a esta persoa, á que incorporaron e sentaron na cadeira de rodas, “sen necesidade de asistencia sanitaria”, destaca a Policía Local.

RUÍDOS EN DOMICILIO

Por outra banda, sobre as 23,30 horas deste 25 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiu a un inmoble da rúa Mar Cantábrico porque veciños se queixaban dos ruídos molestos que procedían dunha vivenda.

Os axentes municipais comprobaron que se escoitaba música “en ton moi elevado”, polo que procederon á identificación do responsable, quen manifestou que estaba en compañía duns amigos e non era consciente das molestias que causaba.

Tras ser requirido a que cesasen as molestias, fíxoo ao momento, puntualiza a Policía Local, os policías tramitaron acta de denuncia por infracción á ordenanza de Protección Ambiental.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...