InicioEconomíaMiñones non pon data de finalización aos dous últimos tramos da autovía...

Miñones non pon data de finalización aos dous últimos tramos da autovía Santiago-Lugo

José Miñones valorou que esta autovía suma un investimento do Ministerio de Transportes de 322 millóns de euros, unha infraestrutura que permitirá conectar a Santiago con Lugo en 50 minutos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno, José Miñones, informou de que uns 200 operarios e 50 máquinas traballan a “moi bo ritmo” nos dous últimos tramos pendentes da autovía A-54 (Palas-Melide e Melide-Arzúa), que unirá Santiago con Lugo, aínda que descarta pór data para a súa finalización.

“Non me gusta falar de datas, senón falar de compromisos”, contestou a preguntas da prensa este martes en Palas de Rei, onde supervisou o inicio das obras de colocación do taboleiro no viaduto sobre o río Pambre, que con 977 metros converterase no máis longo das estradas da provincia de Lugo (cun custo de 16,8 millóns e 15 pilas).

Máis información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...