InicioDeportesO mediocentro Giorgi Aburjania, convocado coa selección absoluta de Xeorxia

O mediocentro Giorgi Aburjania, convocado coa selección absoluta de Xeorxia

O lateral esquerdo Vasyl Kravets foi citado pola selección de Ucraína sub 21 e ámbolos dous serán baixa na cuarta xornada na visita ao Rayo Majadahonda no Metropolitano

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mediocentro Giorgi Aburjania foi convocado coa selección absoluta de Xeorxia para xogar a Liga das Nacións da UEFA. Competirá contra Kazaxistán en Astaná (Kazaxistán) o venres 7 de setembro e recibirá a Letonia en Tibilisi o domingo 9 de setembro.

Pola súa banda, o lateral esquerdo Vasyl Kravets foi citado co equipo nacional de Ucraína sub 21 para xogar dous partidos clasificatorios da Eurocopa sub 21 de 2019. Ámbolos dous encontros serán na cidade ucraína de Zaporiyia contra Letonia o venres 7 de setembro e ante Andorra tamén en Zaporiyia o luns 11 de setembro.

Porén, os dous serán baixa na visita do Club Deportivo Lugo ao Rayo Majadahonda o luns 11 de setembro a partir das 20:30 horas no Wanda Metropolitano en partido da cuarta xornada da Liga 1|2|3. Tres días despois, o xoves 13 de setembro, o Lugo visitará ao Albacete Balompié no estadio Carlos Belmonte a partir das 20 horas en partido de segunda rolda da Copa do Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...