InicioPolíticaO PP cualifica de "despropósito" a posible filtración de preguntas para oposicións...

O PP cualifica de “despropósito” a posible filtración de preguntas para oposicións no Concello de Lugo

O portavoz do grupo popular en Lugo, Ramón Carballo, advertiu da "mala imaxe e do desprestixio que se proxecta da institución" e, especialmente, da súa repercusión nos servizos prestados aos veciños.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do grupo popular en Lugo, Ramón Carballo, lamentou a polémica xerada nas oposicións a Policía Local e censurou o “despropósito” en materia de persoal do goberno local do municipio, tras unha posible filtración das preguntas do exame.

“O feito de que este asunto estea baixo a lupa dos tribunais non nos colle por sorpresa”, sinalou, para recortar que “nos últimos tempos son moitos os casos que acaban xudicializándose”, á vez que os responsables municipais “tentan lavarse as mans”.

Neste sentido, o ‘popular’ teme que o anuncio de levar o caso á Fiscalía sexa “unha cortina de fume” para amortecer “a súa responsabilidade”, tras a “presión que fixo o PP” expondo preguntas sobre o proceso.

Ramón Carballo lamentou que o PSOE e o BNG “non sexan capaces de levar a cabo os procesos selectivos”, nomeamentos de xefe de servizo ou a RPT “conforme á legalidade” e que teñan que ser os xuíces “os que diriman”, ou que levou a “numerosas sentenzas desfavorables”.

“Unha das máis sonadas, a da destitución fulminante da xefa de persoal, na que a xuíza dixo que os motivos alegados foron valoracións subxectivas”, insistiu.

O edil advertiu da “mala imaxe e do desprestixio que se proxecta da institución” e, especialmente, da súa repercusión nos servizos prestados aos veciños.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...