InicioPolíticaO PP de Lugo reforza o apoio aos seus grupos municipais dos...

O PP de Lugo reforza o apoio aos seus grupos municipais dos municipios máis pequenos

Elena Candia di que o Partido Popular traballa na provincia centrado na vocación de servizo aos veciños.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP da provincia de Lugo reforzará o apoio e asesoramento aos grupos municipais daqueles concellos pequenos nos que conta con menos representación. Así se comprometeu Elena Candia durante unha reunión mantida en Meira (Lugo) con edís dos municipios de menos de 1.500 habitantes nos que o PP se atopa na oposición.

Os grupos municipais son os nosos representantes máis próximos e, por tanto, os que mellor coñecen a realidade dos veciños e veciñas nos distintos municipios da provincia”, sinalou Candia. Neste sentido, recoñeceu o traballo dos portavoces e edís que compaxinan a súa actividade laboral e persoal coa de facer oposición nos pequenos municipios rurais.

A popular asegurou que “os grupos municipais con menos representación teñen o apoio do partido para poder desempeñar o seu labor de oposición, a de control e fiscalización ao goberno” e comprometeuse a reforzar o seu asesoramento e apoio para poder comunicar o seu traballo, facer chegar aos seus veciños a súa desconformidade con asuntos de interese municipal e, por suposto, as súas iniciativas en beneficio de cada municipio”.

Nesta liña, lembrou que o Partido Popular traballa na provincia centrado na vocación de servizo aos veciños, para ser útil e defender os seus dereitos e intereses nas distintas institucións procurando o seu benestar e o seu progreso, tanto económico como social.

Candia defendeu que o proxecto do PP está centrado na provincia, nos veciños e no territorio, un territorio de marcado carácter rural para o que defenden a igualdade de dereitos e a igualdade de servizos. Con estes obxectivos, a candidata a revalidar o cargo na presidencia do PP da provincia tamén puxo en valor a vontade de diálogo para chegar a acordos tanto nas corporacións locais como na provincial que redunden na mellora da calidade de vida dos lucenses.

A actual presidenta e candidata a revalidar o cargo no 18 Congreso previsto para o domingo 19 de setembro, iniciou os actos de campaña a pasada semana recibindo ao tres afiliados máis veteranos e ao tres de máis recente afiliación en sinal de recoñecemento polo apoio e a confianza de todos os militantes.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...