InicioLugo e contornaLugoA residencia das Gándaras concentra un de cada dous casos de covid...

A residencia das Gándaras concentra un de cada dous casos de covid nestes centros

Rexistra 37 contaxios dos 75 contabilizados en todos os centros galegos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As residencias de maiores de Galicia manteñen 75 casos activos de Covid entre os seus usuarios tras rexistrarse nas últimas horas dez altas epidemiolóxicas e un falecemento, segundo os datos feitos públicos este xoves pola Consellería de Política Social.

Así, nas últimas horas non se rexistraron novos contaxos nos centros xeriátricos, pero notificouse o falecemento dun home de 64 anos de idade, usuario da residencia As Gándaras de Lugo. Por contra, curáronse do Covid 9 maiores da residencia García Hermanos de Betanzos e un usuario da residencia de San Estevo de Perlío en Fene.

Tras computarse estas variacións, quedan 37 casos de Covid entre os usuarios da residencia As Gándaras (o 49%); 23 na residencia San Vitorio de Baralla; 11 casos na residencia García Hermanos de Betanzos; 3 en Santa Marta de Vigo; e un en DomusVi Coruña de Oleiros.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Nos centros de discapacidade, o CAPD de Chapela-Redondela mantense como o único con casos de Covid, aínda que os afectados baixaron de 12 a 11 tras o falecemento dun usuario nas últimas horas, un home de 70 anos de idade que morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...