InicioLugo e contornaLugo acollerá as probas para os case 3.400 postos indefinidos que oferta...

Lugo acollerá as probas para os case 3.400 postos indefinidos que oferta Correos, 109 deles en Galicia

As probas terán lugar o 12 de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo e Silleda serán as sedes galegas das probas de selección para optar aos 3.381 postos de persoal laboral indefinido de Correos, 109 deles en Galicia. Correos publicou este venres a lista de persoas admitidas e excluídas do proceso, que celebrará os seus exames o próximo 12 de setembro.

Das case 3.400 prazas, 109 están en Galicia. Un total de 61 son para repartición a pé e motorizado, 21 para atención en oficinas e 27 para axente de clasificación. Por provincias, Correos ofrece 63 postos na Coruña, 11 en Lugo, 12 en Ourense e 23 en Pontevedra.

Segundo traslada Correos, unhas 150.000 persoas inscribíronse para participar neste proceso selectivo. Os admitidos poden consultar o estado da súa ficha a través da páxina web de Correos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...