InicioDeportesOs '21 do Camiño' cancelan o medio maratón Palas-Melide 2021

Os ’21 do Camiño’ cancelan o medio maratón Palas-Melide 2021

"Agardamos que, dunha vez por todas, poidamos volver vernos no 2022!", desexan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización do medio maratón Palas-Melide ‘Os 21 do Camiño’ vén de cancelar a edición do 2021 debido á “situación sanitaria”, que segundo indican nun comunicado, “non é a esperada para estas alturas do ano”. A decisión, explican, tomouse en coordinación cos concellos de Palas de Rei e Melide.

Para nós é moi dolorosa porque se trataba dunha edición especial, xa que ían ser Os 21 do 21. Este é ano Xacobeo e, despois de todo o vivido, estabamos moi ilusionados por compartir outra magnífica xornada polo camiño de Santiago, pero a situación sanitaria non é a esperada para estas alturas do ano e decidimos cancelala incluso antes da data prevista de confirmación da proba”, sinala a organización.

Non podemos garantir a saúde de toda a xente que forma parte dos 21 (corredores, voluntarios, organización, familiares, etc) e queremos pedir perdón”, proseguen no escrito. Ante esta situación, ofrecen ás persoas inscritas varias opcións: devolver a inscripción a quen o solicite antes de fin de ano (consulta@championchipnorte.com), gardar o dorsal para a edición 18/06/2022, ou devolver o dorsal una semana antes da apertura das inscricións da edición 2022.

“Agardamos que, dunha vez por todas, poidamos volver vernos no 2022!”, desexan.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...