InicioLugo e contornaLugoInvestigan un incendio supostamente intencionado que afectou ao garaxe dun edificio

Investigan un incendio supostamente intencionado que afectou ao garaxe dun edificio

A Policía de Barrio trasladouse a O Carqueixo, onde había, segundo comprobaron os agentes, tres focos de lume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu nun incendio supostamente intencionado que afectou o garaxe dun edificio na tarde deste pasado xoves, do cal se investigan as causas.

Segundo informou a Policía Local, ás 14,40 horas axentes de Policía de Barrio acudiron a un inmoble de Estrada da Granxa, porque nos garaxes había “gran cantidade de fume”, o cal comprobaron que procedía dun baixo anexo, no que había un lume.

Durante a súa actuación, os membros do Servizo de Extinción de Incendios observaron “indicios de que o lume puidese ser intencionado”, motivo polo que se realizaron as xestións para que se puxese en marcha a investigación.

Por outra banda, ás 23,05 horas unha patrulla de Policía de Barrio trasladouse a O Carqueixo, onde había un aviso de incendio. Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que se trataba de tres focos de lume, os cales foron, aseguraron as mesmas fontes, “rapidamente neutralizados” polo servizo de extinción.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...