InicioLugo e contornaA lucense Pardo de Vera recoñece "sensación de abandono" coas infraestruturas da...

A lucense Pardo de Vera recoñece “sensación de abandono” coas infraestruturas da provincia

A secretaria de Estado de Infraestruturas incide, por outro lado, no "enorme traballo" desenvolto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova secretaria de Estado de Infraestruturas, Isabel Pardo de Vera, asegurou que o AVE chegará a Galicia “antes de que termine o 2021”, posto que “as probas foron ben e, de seguir así e non haber ningún problema, cumprirase o prazo establecido de finais de ano” para a chegada da alta velocidade á Comunidade, –concretamente a Ourense–.

Pardo de Vera sinalou este domingo nunha entrevista concedida a Cadea Ser Galicia, e recollida por Europa Press, que se sente “o suficientemente segura” como para confirmar estes prazos e lamentou a utilización da alta velocidade “como arma arreboladiza política”. “Tras os avatares desafortunados desta liña, que provocaron descrédito nos galegos, non hai escusa para usala xa politicamente. Dáme moita pena porque redunda nunha confrontación que só produce ineficiencias no sistema”, lamentou Pardo de Vera.

Preguntada polo estado das infraestruturas na provincia de Lugo, a secretaria de Infraestructuas recoñeceu, como galega e lucense, experimentar esa “sensación de abandono”, pero subliñou o “enorme traballo” que se fixo. “Licitáronse máis de 70 expedientes para a modernización da liña e a súa electrificación. Dos 145 millóns de euros que imos destinar, máis da metade están licitados para obras como a do túnel do Oural. Non se pode traballar máis para Ourense-Lugo”, apuntou Pardo de Vera.

BONIFICACIÓNS AP-9

A secretaria de Infraestruturas tamén comentou as bonificacións da AP-9, que entraron en vigor esta pasada semana e ás que se referiu como “reivindicación lexítima” e “débeda histórica con Galicia”.

“As peaxes supuñan un desequilibro respecto de vías doutros territorios e supuñan ademais impactos importantes nos petos dos galegos”, recoñeceu Pardo de Vera, que apuntou ademais que “todas as administracións teñen que traballar”, respecto ao abaratamento das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...