InicioLugo e contornaLugoTramitadas 16 denuncias por reunións entre non conviventes de madrugada esta fin...

Tramitadas 16 denuncias por reunións entre non conviventes de madrugada esta fin de semana

A Policía Local tamén realizou denuncias por desobediencia e falta de respecto e consideración a axentes da autoridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou 16 denuncias por reunións de non convivientes entre as 3,00 e as 6,00 horas, cando están restrinxidas pola normativa para frear a Covid-19. Foron propostos para sanción de 500 euros cada un deles.

Segundo informou a Policía Local, durante as noites deste venres 23 e sábado 24 estableceuse un dispositivo especial para comprobar o cumprimento da normativa Covid en Lugo, municipio situado en nivel medio de restricións.

Así mesmo, no marco do control do cumprimento das normas Covid a Policía Local de Lugo realizou dúas denuncias por infracción á Lei Orgánica da Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración a axentes da autoridade. Foron propostos para sanción de ata 600 euros.

A iso súmase unha denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por desobediencia a axentes da autoridade. Por iso, foi proposta sanción de ata 30.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...