InicioSociedadeAsí traballan os gardas civís peregrinos no Camiño

Así traballan os gardas civís peregrinos no Camiño

Aseguran que non tiveron que recorrer a sancións para corrixir o comportamento de camiñantes ante a Covid e destacan que a ruta é "segura".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javier Rovira e Óscar Santoalla son dous mozos axentes da Garda Civil do posto de Monterroso que este mes de xullo patrullan polo Camiño de Santiago, no tramo francés ao seu paso pola provincia de Lugo, para velar por un “bo camiño” para os peregrinos.

Son dous do tres gardas que traballan no servizo de “Atención ao Peregrino” do Instituto Armado, todos eles con destino no cuartel monterrosino. Ao tres axentes sumáronse outros de distintas policías da Unión Europea; tres franceses, dous portugueses, dous alemáns e dous carabinieri italianos.

“Está a ser unha experiencia moi gratificante con eles. Tivemos a sorte de que os axentes que viñeron de fóra é xente marabillosa”, resaltou Javier Rovira. Óscar Santoalla concretou que “eles viven en hoteis, non veñen ao cuartel”. “Recollémolos á primeira hora da mañá e xa fan o servizo connosco”, afirmou.

Unha furgoneta e dous coches de apoio son as ferramentas coa que traballan os axentes encargados de velar pola seguridade do camiño, no tramo francés, ao seu paso por Lugo. Segundo comentou, pola mañá arrinca en Portomarín, sitúan o posto a metade da etapa e acaban en Palas de Rei e, de aí, a Monterroso co servizo xa rematado e redondeando ese slogan de “bo camiño” polo de tamén “bo servizo”.

“Estamos para calquera cousa”, sinalou Rovira, “como recoller denuncias ou calquera tipo de atención que lles faga falta” aos centos de peregrinos que acoden a eles. Óscar Santoalla relata que “o máis habitual”, que lles expoñen os peregrinos, “é información sobre albergues, sobre onde aloxarse e onde comer”. “Ás veces tamén nos preguntan por si hai oficinas de turismo pola zona”, engade.

DOCUMENTACIÓN

Levan case un mes, co servizo operativo desde o 1 de xullo previamente estiveron un mes a proba. Desde ese día, o que máis se chega a denunciar son “extravíos de documentación”.

“Estás a tomar algo nun bar, deixas a mochila e cando van buscala falta diñeiro ou documentación. Isto era o máis habitual en anos pasados, porque no que levamos de mes de xullo non se deu ningún caso, só dous extravíos de documentación”, afirmou Santoalla.

Un mes de xullo en que parece que se recupera a normalidade nos distintos itinerarios xacobeos, con avalanchas de peregrinos que levaron a que moitos tivesen que durmir, mesmo, ao “raso e ao aire libre” ou nalgún caso tiveron que recorrer a hoteis da zona porque os albergues, dada a pandemia, aínda non se atopan ao cento por cento dos seus aforamentos.

“Nos últimos días notouse moita presenza de peregrinos, hai tramos do camiño que non hai cinco metros en que non haxa xente a pé ou en bicicleta”, comentou Óscar Santoalla.

Habitualmente, sinalan estes axentes, cúmprense os “protocolos anticovid”. “Hai relaxación sobre todo cando van camiñando, como está lexislado cada grupo fai unha burbulla. En teoría é unha burbulla pero tampouco sabemos si todos os que van camiñando xuntos son do mesmo grupo ou non”, subliñaba Rovira.

A “relaxación” que tamén se advirte “cando conclúen as etapas, vanse a un bar ou a unha terraza pero como fai o resto da cidadanía que sempre che relaxas un pouco”, apuntou Santoalla. No entanto, os axentes deste servizo non tiveron que recorrer a sancións para corrixir o comportamento dos peregrinos ante a Covid, isto tamén lles leva a concluír que o camiño é “seguro”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...