InicioEconomíaCoñece as axudas que hai para recuperar terras abandonadas

Coñece as axudas que hai para recuperar terras abandonadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Co obxectivo de recuperar as terras abandonadas da provincia, a Deputación de Lugo abríu este luns o prazo de solicitudes para que os agricultores e gandeiros lucenses poidan recibir unha axuda e así reactivar a produción. Unha “medida pioneira” segundo o Executivo Provincial, que explicou que esta iniciativa serviu, nos anos 2014 e 2015, para que 178 agricultores lucenses recuperasen 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia. Nesta ocasión, a Deputación investirá 300.000 euros na medida. 

Dende a Deputación, explican que poderán solicitar estas axudas gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón.

As terras beneficiadas terán que destinarse a actividades agrícolas ou gandeiras. Queda fóra, polo tanto, a explotación forestal. A subvención por hectárea é de 500 euros e cada beneficiario poderá recibir un máximo de 9.000 euros. O Executivo Provincial sinala que esta medida responde as demandas dos propios gandeiros e agricultores e “demostra con feitos o seu compromiso co rural da provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...