InicioLugo e contornaLugoDous anos de cárcere e dez de liberdade vixiada por abusar da...

Dous anos de cárcere e dez de liberdade vixiada por abusar da filla da súa parella

O acusado non poderá achegarse ou comunicarse coa vítima durante dez anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home procesado en Lugo por abusar sexualmente da filla da súa parella aceptou dous anos de cárcere e dez de liberdade vixiada. Ademais, o tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse con ela. Segundo informaron fontes xudiciais o xuízo fixado para este martes, a porta pechada, na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo saldouse cunha conformidade.

En concreto, o acusado aceptou unha condena de dous anos de cárcere e dez anos de liberdade vixiada. Ademais, o tribunal impúxolle a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante dez anos, así como o abono dunha indemnización de 8.000 euros. O sospeito de tocarlle o peito á filla da súa parella enfrontábase neste xuízo por abuso sexual a cinco anos de cárcere. A causa procedía do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...