InicioLugo e contornaLugoDenunciadas oito persoas por realizar botellóns en Lugo durante esta fin de...

Denunciadas oito persoas por realizar botellóns en Lugo durante esta fin de semana

Os efectivos realizaron unha inspección nun local de hostalaría situado no centro histórico ás 3,20 horas e comprobaron a presenza de clientes consumindo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local denunciou a oito persoas por realizar botellóns en Lugo no marco de controis levados a cabo este fin de semana.

En concreto, os axentes puxeron en marcha varios dispositivos para comprobar o cumprimento das medidas de prevención establecidas para previr a propagación da covid-19 durante este venres e este sábado en horario nocturno, cando levantaron 17 actas de denuncia por distintas infraccións.

Deste xeito, denunciouse a oito persoas, que foron propostas para sancións de 500 euros, por infrinxir a Lei de saúde de Galicia ao realizar botellóns. Ademais, interpuxéronse outras tres denuncias por non usar máscara a persoas ás que se propuxo para unha sanción de 100 euros.

Así mesmo, os efectivos realizaron unha inspección nun local de hostalaría situado no centro histórico ás 3,20 horas e comprobaron a presenza de clientes consumindo no seu interior. Ademais, descubriron que máis persoas tomaban consumicións nun anexo ao establecemento.

Posteriormente, trasladaron ao responsable do local a dependencias policiais para identificalo debido a que non portaba documentación e denunciárono por unha infracción á Lei de saúde de Galicia ao quebrantar o horario establecido para o peche. Adicionalmente, levantaron unha acta da inspección para remitila ao Servizo de Urbanismo do Concello.

Por outra banda, os policías denunciaron a cinco persoas por infraccións á Lei de protección da seguridade cidadá debido a faltas de respecto a axentes da autoridade e propuxéronas para sancións de ata 600 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...