InicioCulturaCinco espectáculos por diferentes puntos de Lugo pecharán a novena edición do...

Cinco espectáculos por diferentes puntos de Lugo pecharán a novena edición do Festival Atlántica

Hai programadas actividades en Outeiro de Rei, Mondoñedo, Folgoso do Courel e Alfoz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta fin de semana a provincia de Lugo será o escenario de boa parte da programación do festival Atlántica. Están previstos un total de cinco espectáculos en Outeiro de Rei, Mondoñedo, Folgoso do Courel e Alfoz. Todas as funcións son gratuítas, pero para asistir a algunhas delas cómpre reservar por adiantado.

A oferta para o público infantil e familiar comezará coa ‘Festa dos monicreques’ de Larraitz Urruzola. O espectáculo será o sábado ás 19 horas no Alfar dos Muíños, en Mondoñedo. Os pequechos e as súas familias terán outra opción cultural con ‘Utopías’ de Atenea García, un espectáculo que combina a narración oral e a manipulación de obxectos. A función será tamén o sábado ás 7 da tarde pero na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

ESPECTÁCULOS PARA OS ADULTOS

A galega Charo Pita e o guipuscoano May Gorostiaga achegaranse o sábado ata o Castro de Vilar no Folgoso do Courel para ofrecer unha sesión dobre de contos dirixida aos adultos. Comezarán ás 19 horas e que terán entrada libre ata completar o aforo. As actividades do sábado rematarán cunha actuación de Quico Cadaval no Castelo de Castrodouro en Alfoz ás 20:30 horas.

ALFOZ, ESCENARIO DE CLAUSURA DO FESTIVAL

O domingo 11 de xullo, a partir das 20 horas, o Castelo de Castrodouro de Alfoz vai ser o lugar da clausura oficial da novena edición do Festival Atlántica. O espectáculo ‘Heroes que dormen, heroes que resisten, heroes que mudan’ consiste nunha mestura de música e historias sobre a Historia artellada por Manuel Gago coa colaboración dos músicos Mano Panforreteiro e Teresa Jareño. Nesta ‘conferencia musicada’ explóranse os mecanismos de resiliencia, resistencia e subversión polos que na cultura galega se forxan os heroes que viven, presentes ou agachados, no imaxinario común.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...