InicioDeportesJavi López afirma que o Club Deportivo Lugo "vai dar boas tardes...

Javi López afirma que o Club Deportivo Lugo “vai dar boas tardes de fútbol”

O adestrador albivermello califica ao Málaga C.F. como un equipo que "non encaixa moito, sempre está ben organizado"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López, adestrador do Club Deportivo Lugo, compareceu na rolda de prensa previa ao partido da primeira xornada de La Liga 1|2|3 contra o Málaga C.F. mañá sabado no estadio Ángel Carro a partir das 19:30 horas.

López afirmou que o equipo chega “ben” e o “normal para estas alturas“. Explicou que están “prácticamente sen lesionados”, salvo Eduard Campabadal, que “cada vez está máis no ritmo de adestramentos“.

O técnico barcelonés comentou que o Club Deportivo Lugo “vai dar moito traballo, vai dar boas tardes de fútbol” e considera que van rendir “exitosamente“.

Opinou que o Málaga C.F. é “un moi bo equipo, un dos importantes“, ademáis de “por nomes importante e un bloque sólido“. Subliñou que “non encaixa moito, sempre está ben organizado“. Tamén, engadiu que o seu adestrador, Juan Ramón López Muñiz, “sabe o que é a categoría, conseguiu un ascenso”. Muñiz ascendeu en dúas ocasións: co propio Málaga en 2008 e co Levante U.D. en 2017.

Por último, lembrou que a Segunda División será esta tempada “complexa pola cantidade de equipos importantes”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...