InicioLugo e contornaLugoLópez Orozco responsabiliza ao PP da construción das torres de O Garañón

López Orozco responsabiliza ao PP da construción das torres de O Garañón

Respecta a decisión da súa sucesora no cargo pero di que a demolición implica "devolver á ilegalidade a parcela".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, responsabilizou ao Partido Popular da construción das torres de O Garañón por aprobar durante a súa etapa no goberno lugués o Plan Xeral do ano 1991 que permitiu que se levantase.

En declaracións aos medios, o rexedor, que se viu obrigado a renunciar tras ser imputado pola xuíza Pilar de Lara no ‘caso Garañón’ xunto ao exsecretario xeral socialista, José Ramón Gómez Besteiro, lembrou que a Audiencia Provincial arquivou a comezos destes anos “toda referencia” tanto á súa persoa como á de Besteiro por este caso.

Ante a demolición que planea o goberno local que encabeza a súa sucesora no cargo, Lara Méndez; López Orozco manifestou que “respecta” as decisións do concello, aínda que recoñece que lle “gustaría saber os informes de como se interpreta a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no sentido que se anula a licenza e o proxecto de urbanización e que é, neste caso, devolver a legalidade a esa parcela”.

Á súa vez, apelou a que “se necesita saber cales son as pretensións dos propietarios” do solar no que se contemplaba a construción no Plan Xeral, que, como lembrou, foi aprobado a comezos dos anos 1990 polo PP, “aínda que eles (populares) quéiranse pór de parte de fóra e defendan o urbanismo”.

“Cada vez que lles ouzo falar (ao PP) levántaseme o pelo da cabeza porque eles son os responsables do que pasou no Garañon”, aseverou o exmandatario socialista, que defendeu que durante a súa etapa á fronte do executivo local rebaixouse a “edificabilidade” da parcela respecto á PXOM.

“Non me gusta o Garañón. Nunha reunión coa asociación de veciños eu díxenlles que pagaría o soldo dun mes con tal de que non se edificase. Pero as licenzas hai que concedelas cando se cumpren as condicións“, incidiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...