InicioLugo e contornaLugoCondenado un matrimonio de perruqueiros de Lugo por defraudar case medio millón...

Condenado un matrimonio de perruqueiros de Lugo por defraudar case medio millón de euros á Facenda

Creaban distintas sociedades para poder pasar dunha a outra sen pagar as débedas da SS.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un matrimonio de perruqueiros de Lugo aceptou unha pena de tres anos e tres meses de cárcere por delitos cometidos contra a Seguridade Social, á que terían defraudado case 480.000 euros entre os anos 2013 e 2016 con sociedades dedicadas á barbaría e a estética.

En principio a fiscalía pedía catro anos para o home e sete anos de prisión para a muller, engadíndoselle a esta o delito de “frustración na execución” que vén ser unha especie de alzamento de bens. Finalmente, o home aceptou un ano e oito meses polo delito contra a seguridade social, en tanto que a súa muller asumía nove meses de prisión por este delito e dez meses polo outro. En total tres anos e tres meses.

Esta rebaixa veu condicionada, explicaba a fiscalía na vista celebrada na Audiencia Provincial de Lugo, polas “dilacións indebidas”. Ademais, ambos terán que abonar en concepto de responsabilidade civil subsidiaria máis de 480.000 euros e a devolución á Seguridade Social de 547.000 euros. Tamén se lles impuxo que durante catro anos non poderán optar a axudas da Seguridade Social.

Segundo a acusación pública, o modus operandi consistía en que cando unha das sociedades que creaban acumulaba débedas coa Seguridade Social o que facían para non abonalas, xa que carecían de patrimonio propio, era crear outra empresa e así sucesivamente. Estas sociedades tiñan idéntica actividade, barbaría e estética; moitos dos seus traballadores pasaban dunha empresa a outra e a nova que creaban tiña o mesmo domicilio e mesmo se utilizaban os mesmos medios e instalacións que a que supostamente pechaban.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...