InicioSociedadeA área de Lugo rexistra o maior aumento de casos activos de...

A área de Lugo rexistra o maior aumento de casos activos de Galicia, 24 máis

As persoas contaxiadas por Covid sitúanse en 192.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantén unha soa persoa en críticos e reduce a seis os pacientes hospitalizados noutras unidades – dous menos -, segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves. Por outra banda, os casos activos de Covid-19 aumentan nun total de 24, o que supón o maior incremento entre todas as áreas sanitarias. Sitúase, desta maneira, en 192 casos tras sumar 25 novos contaxios.

GALICIA

Galicia encara o final da segunda semana sen estado de alarma cunha tendencia de casos activos de Covid-19 en descenso ata os 2.675 e un alivio da presión hospitalaria ao reducirse a 146 os pacientes ingresados por este coronavirus, 14 menos que a xornada pasada. Ademais, os novos contaxios reducíronse lixeiramente a 176, sete menos. Descenden a 30 os pacientes Covid ingresados en UCI –dous menos– e a 116 os ingresados noutras unidades –12 menos–.

As probas PCR realizadas desde o inicio da pandemia no conxunto da Comunidade galega aumentaron a 2.195.413, que supoñen 5.363 máis que as rexistradas ata a xornada pasada e unhas 500 menos que as feitas o día anterior. Con respecto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– continúa nun 3% –en concreto nun 3,06%– tras situarse nun 3,16% a xornada anterior e subir ao 3,4% o mércores, despois de manterse por baixo do 2% no inicio desta semana. Así, prosegue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...