InicioSucesosDetido por acoitelar a outro individuo nunha pelexa por unha débeda monetaria...

Detido por acoitelar a outro individuo nunha pelexa por unha débeda monetaria nunha barbería

O agredido recibiu no costado un corte cunha navalla de barbeiro que requiriu 14 puntos de sutura

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas detiveron a un home de 25 anos veciño da cidade como autor dun delito de lesións tras agredir a outro individuo no marco dunha pelexa por unha débeda monetaria ocorrida nunha barbería.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos ocorreron a semana pasada nunha barbería da cidade de Lugo, onde o agora detido atopouse cun coñecido, o cal lle reclamou unha débeda pendente. Froito da discusión enceréllanse nunha pelexa, engaden as mesmas fontes.

No transcurso da pelexa o agresor colleu unha navalla de barbeiro que estaba encima da encimera e arremeteu contra o denunciante, ao que causou no costado un corte que requiriu 14 puntos de sutura.

AXUDA

O titular do establecemento conseguiu inmobilizar ao agresor e, ao ver o alcance da lesión, procedeu a socorrer ao agredido, momento no que se marchou do lugar o primeiro, que foi localizado e detido polos policías da investigación.

Ao agredido, que foi trasladado de inmediato ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, déronlle 14 puntos de sutura na ferida causada pola navalla. A Policía Nacional destacou que “grazas á axuda inmediata do propietario da barbería as feridas non causaron un dano mais grave”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...